O Albergue de Esgos está en Vilar de Ordelles, no Concello de Esgos, moi próximo a Ourense capital, que nos convida mesmo a ter un día de termalismo na zona. É un albergue familiar en plena natureza e moi próximo ao conxunto histórico-artístico de San Pedro de Rodas.
O albergue conta con tres habitacións múltipleas con liteiras, unha sala común, comedor, cociña e un xardín exterior que fará as delicias de toda a familia; mesmo poderás facerche unha grellada.